O xoves 11 de febreiro tivemos unha charla organizada pola iniciativa 11 de febreiro ( https://11defebrero.org/ ) que ten como obxectivo encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. Esta tertulia foi guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do pl an Dona TIC. Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) fixéronlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro que podedes escoitar aquí. Ou tamén podedes velo na nosa canle de youtube ...