O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados. A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. Moito ánimo. A selección de hoxe: O meu mundo é bastante antigo. Foi e...