Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 31, 2021

Día da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro de 2021)

O 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz con motivo do aniversario da morte de Mathama Gandhi (India, 1869-1948), avogado, político e activista do movemento da independencia da India e líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asesinado por defender estas ideas. “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. Mahatma Gandhi. Cada 30 de xaneiro lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz, un dereito da infancia e de toda a humanidade. A educación na tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, á non-violencia e a paz son motivos para recordar este día. Dende o IES Parga Pondal sumámonos á celebración deste día con diferentes actividades para concienciar ao noso alumnado da importancia da paz e dos valores do respecto, a tolerancia e a empatía. Así gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas no que participaron Xosé Cameán, Lara Rabuñal e Alba Varela (4º E


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...