Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 2, 2018

Libro libre

Esta semana acollemos na biblio a presentación dunha nova iniciativa en colaboración coa biblioteca Rego da Balsa . Cristina veu presentarnos o Book crossing , ou Libro libre, que desde a súa biblioteca están poñendo en marcha. Que é o Book crossing ?  Unha iniciativa que consiste en  liberar libros en espazos públicos para que outras persoas poidan collelos, lelos e volver a liberalos para que outros poidan tamén utilizalos. Con isto, trátase de evitar que os libros queden esquecidos nos nosos andeis e que todo aquel que queira sumarse poida desfrutar desta comunidade virtual.  Así que xa sabedes, no noso centro contamos xa cun punto de intercambio! Para que coñezades un pouco mellor o seu funcionamento, deixámosvos o enlace á páxina e as fotos do momento da presentación, á que asistiu un grupo moi feitiño Animádevos!

En negro

O 25 de novembro foi o día Internacional da NON violencia contra a muller. Coma todos os anos, no noso centro participamos activamente manifestándonos a través de diferentes iniciativas. Das aulas de Filosofía e Valores éticos xurdiron estes interesantísimos vídeos que todo o alumnado puido visionar na bilbioteca durante a semana: Outras dinámicas de traballo deron como resultado estoutras imaxes, non menos interesantes:     E, como non, tamén nos sumamos á campaña EN NEGRO coa elaboración dun cartel que preside a entrada do centro. Aquí tedes un posado de parte do alumnado que colabora coa biblioteca, coas camisetas que nos proporcionou o concello, a quen agradecemos a súa colaboración: Grazas a todas e a todos!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...