Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta alumnado voluntario

Alumnado voluntario

Esta semana fixemos a presentación do alumnado voluntario, aínda que moitas de vós xa levades traballando desde principio do curso....

Comezamos o curso con agasallos!

O pasado venres 21 xa houbo festa na Biblioteca Rebolo! O alumnado voluntario do pasado curso recibiu os seus merecidos diplomas e un agasallo en agradecemento pola súa colaboración nas actividades que realizamos. Sabemos que contamos con elas e eles para este curso; pero como hai máis xente que quere participar, en breve abrirase unha nova convocatoria. Esperámosvos!!!!

O Samaín do Parga

O pasado 31 de outubro celebramos no centro o Samaín cunha Santa Compaña que nos fixo arrepiar de medo. Moitas grazas aos alumnos e alumnas colaboradores. Sodes uns grandes actores!!! Aquí deixámosvos unhas imaxes para que comprobedes que o pasamos de   meeeeedooooo!!!! .

Alumnado voluntario

Este ano tamén desexamos contar coa vosa colaboración directa. Por iso imos reunirnos con todos os que queirades realizar labores de voluntariado. Buscamos alumnado que estea interesado en participar no deseño e na elaboración de actividades, en tarefas de xestión e dinamización da nosa biblioteca... Se estás interesad@, esperámoste!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...