Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 31, 2021

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021. EDLG.

Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Língua Galega e da Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal. Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes: FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio. MATERIAL: Cartolina ou folio. MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega. TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...). CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ... DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal. ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores ou de Artes Plásticas, de Galego ou na Biblioteca ata o venres, 10 de decembro. PREMIOS: O xurado concederá 3 premios ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...