Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta exposición

Semana das Letras

Mañá é 17 de maio, Día das Letras Galegas e no IES Isidro Parga Pondal celebrámolo con diversas actividades. Para comezar, que vos parecen as nosas escaleiras? Podemos coñecer máis da figura de Antón Fraguas a través de dúas exposicións:  a proporcionada pola Xunta e a realizada polo alumnado do CPI San Luís Romero e que hoxe tivemos a sorte de que as profesoras encargadas viñeran presentar  Propoñemos tamén unha serie de xogos sobre esta celebración; e está tendo moito éxito!!! Se participades, poderedes recibir como agasallo unha chapa; e se acertades... unha mochila!!! Aínda estades a tempo de conseguir a vosa!

Éxito no Día da Biblioteca escolar!

Vistes que mesa de agasallos preparamos? Posiblemente non puidestes contemplala porque non tardastes en interesarvos polos libros que vos ofreciamos!  Está claro que vos encantaron os nosos agasallos! E que nos dicides das Recomendacións que algúns de vós fixestes? A todas e todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración A que é sensacional? E non foi menos interesante a exposición de Bibliotecas do mundo , unha variada selección de imaxes para todos os gustos, alternativas e inversión... Pero todas cumpren a súa función, achegarnos á lectura e ás posibilidades que nos ofrece.     Recoñecedes esta última?  😉

Día das Letras Galegas II

D17 de maio Día das Letras Galegas Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades! Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio). Aínda hai máis! Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:    Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta. Construíde connosco! Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa. Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...! E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero ...

As fotos do Día do libro

Como xa sabedes, podedes ver a colección de fotos no Instagram da biblioteca; pero non podemos deixar de amosalas aquí, todas xuntas, para poder desfrutalas de todas as formas posibles. Fai clic sobre a imaxe e verás o álbum de fotos. Ou, se o prefires, mira a montaxe en vídeo de youtube: E, outra vez, grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

E ti como les?

Que imos facer o Día do libro ? Animádevos a participar coas vosas imaxes! Facede unha fotografía na que aparezades lendo, na que non se vos vexa a cara ou non se vos recoñeza facilmente...e enviádea ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliotecarebolo@gmail.com Faremos unha exposición no centro coas fotografías que recibamos e serán publicadas tamén na nosa conta de Instagram. Cantos máis participemos, máis teremos para comentar.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...