No Día do Orgullo, ademais de celebralo, queremos recordarvos que a homofobia, transfobia e bifobia e as mensaxes que atacan á igualdade e á diversidade, son constantes no noso día a día. As noticias que falan de ataques ao colectivo LGBTI nas rúas, o bullying nas escolas ou discriminación no traballo, seguen sendo desgraciadamente moi comúns. Mais, hai boas noticias! Está nas nosas mans cambiaresta situación e conseguir que a nosa sociedade sexa respectuosa con toda, persoa independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero. Entre todos podemos evitar moitísimo sufrimento innecesario se creamos unha sociedade de respecto á diversidade e se loitamos todas as persoas xuntas por acabar contra os discursos de odio. Ama e deixa amar!! Deixámosvos aquí un vídeo moi fácil sobre identidade sexual. E para todos aqueles que reclaman un día do orgullo hetero, aquí vai un tweet do noso querido Nando López. E por suposto, non pode f...