Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 24 de outubro

Éxito no Día da Biblioteca escolar!

Vistes que mesa de agasallos preparamos? Posiblemente non puidestes contemplala porque non tardastes en interesarvos polos libros que vos ofreciamos!  Está claro que vos encantaron os nosos agasallos! E que nos dicides das Recomendacións que algúns de vós fixestes? A todas e todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración A que é sensacional? E non foi menos interesante a exposición de Bibliotecas do mundo , unha variada selección de imaxes para todos os gustos, alternativas e inversión... Pero todas cumpren a súa función, achegarnos á lectura e ás posibilidades que nos ofrece.     Recoñecedes esta última?  😉

24 de outubro, Día da biblioteca

Coma todos os anos, o día 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. E como as bibliotecas escolares non somos menos, nós tamén o celebramos con diversas actividades! Este ano imos facer un agasallo a todas e todos os que vos acheguedes pola biblioteca; pero non esquezades que todo o material é efémero e que os regalos non van saír a buscarvos! Na entrada do centro poderedes ver as recomendacións de compañeiras e compañeiros, que puxeron a súa man artística ao servizo do noso Lugar de encontro. E poderedes contemplar interesantes imaxes de bibliotecas do mundo, algunhas grandiosas edificacións e outras enormes polo seu significado. Feliz día da biblioteca!!!

Éxito na celebración do Día da Biblioteca

Esta semana celebramos no centro o Día Internacional da Biblioteca. Escribistes as vosas opinións e suxestións sobre a nosa biblioteca nun gran mural que agora temos colocado como decoración. Tamén puidestes levar de recordo algúns materiais da nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos dese día.

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un  muro  onde poderedes expresar opinións, críticas,  suxestións, visións persoais ou o  que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...