Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actividades

Os videoxogos violentos, nos fan máis agresivos ou nos axudan a liberar estrés?

O pasado día 21 de Maio tivo lugar no IES Isidro Parga Pondal un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña. O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.  A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate.

Radio na bilioteca continúa imparable

Outra xornada de formación da man de Lola e Bea, profes multitarefa do Rosal. O profesorado do grupo da radio de Bibliotecarebolo xa está case listo para comenzar a súa viaxe polas ondas.  Por se aínda non o sabebes, empezamos xa a montar o laboratorio de gravación de radio. Está no segundo andar, fronte ao Departamento de Historia.  Máis información próximamente...

O club de lectura de adultos fainos unha recomendación

En negro

O 25 de novembro foi o día Internacional da NON violencia contra a muller. Coma todos os anos, no noso centro participamos activamente manifestándonos a través de diferentes iniciativas. Das aulas de Filosofía e Valores éticos xurdiron estes interesantísimos vídeos que todo o alumnado puido visionar na bilbioteca durante a semana: Outras dinámicas de traballo deron como resultado estoutras imaxes, non menos interesantes:     E, como non, tamén nos sumamos á campaña EN NEGRO coa elaboración dun cartel que preside a entrada do centro. Aquí tedes un posado de parte do alumnado que colabora coa biblioteca, coas camisetas que nos proporcionou o concello, a quen agradecemos a súa colaboración: Grazas a todas e a todos!

Día das Letras Galegas III

Xa chegou unha morea de traballos para os concursos! Pero non esquezades que hoxe remata o prazo de presentación. E non deixedes de participar nas outras actividades que vos ofrecemos: Na historia colectiva...   Os preciosos cadernos nos que estades escribindo foron cedidos polo Concello. Agradecemos a súa colaboración! No noso Xogando coas letras... Os compañeiros e compañeiras que participaron  xa teñen o seu agasallo. A que esperades para recoller o voso? E admirade as nosas escaleiras literarias dedicadas a M. Victoria Moreno!    Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Novo curso, novos lectores

Os alumnos de 1º da ESO tiveron unha actividade de presentación da biblioteca, na que aprenderon a organización, normas de uso e foron  identificados como novos usuarios.

Éxito na celebración do Día da Biblioteca

Esta semana celebramos no centro o Día Internacional da Biblioteca. Escribistes as vosas opinións e suxestións sobre a nosa biblioteca nun gran mural que agora temos colocado como decoración. Tamén puidestes levar de recordo algúns materiais da nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos dese día.

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un  muro  onde poderedes expresar opinións, críticas,  suxestións, visións persoais ou o  que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!

Ola

O que ves é un gran OLA, unha nova forma de mostrar a biblioteca que coñecías, a maneira en que se producen moitos fenómenos naturais. Onde había algo coñecido e estimado, de súpeto o paso de tempo dá lugar a novas formas que substitúen ás que había e que o tempo levou consigo. Moitos botaredes en falta a BibliotecaLandra que nos acompañou estes últimos dez anos. Moitos agradecemos o seu labor, do que algúns formamos parte. Agora chega unha nova tempada con novos froitos, coma este, que será instrumento dun novo equipo formado por novas caras, unhas máis coñecidas que outras, pero cun obxectivo común: compartir o que temos nun ambiente de afabilidade e confianza. Co nome de BibliotecaRebolo este novo equipo invítavos a formar parte unha vez máis deste mundo que se centraliza na biblioteca, con actividades, con concursos, con recitais e conferencias. Con todo o que faga falta para que a sintas preto de ti e teñas o desexo de formar parte dela. Por este motivo abrimos est...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...