Chegou setembro e dámosvos a benvida ao novo curso 2020-2021! Como sabedes este curso vai ser excepcional por mor da pandemia do Covid-19 e imos atopar un centro moi cambiado para adaptarnos á nova situación. Os cambios tamén afectan á nosa biblioteca xa que este curso terá algunas limitacións no seu uso e disfrute que os deixamos aquí e nos videos ( na seguinte ligazón ). Lede con moita atención o noso protocolo e cumplídeo a raxa tabla 😉. PROTOCOLO DA BIBLIO REBOLO EN TEMPOS DO COVID-19: Aforo máximo: 10 alumnos en biblio, 2 nos ordenadores, 2 voluntarios e 2 profesores. Ventilación constante. Uso obrigatorio da máscara sempre. Antes de entrar e saír, lava as mans. Non toques nada, salvo onde te sentes. Limpa o teu posto antes e despois do seu uso. Para que poidades disfrutar da biblioteca a meirande parte de vós, haberá dous turnos en cada recreo; así que, cando soe a melodía, limpa o teu posto e sae da biblio para deixar entrar ao seguinte (non se apli...