Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta libros

Felices lecturas

Como nas vacacións hai tempo para desfrutar de moitas maneiras diferentes, elaboramos para vós unha selección de libros que vos poden gustar. Tedes os folletos impresos á vosa disposición na biblioteca. Pero se preferides o formato dixital, aquí vos deixamos as nosas suxestións, e a gozar coa lectura!

Falamos da Lección de August

O pasado luns tivemos unha reunión do club de lectura. Pasamos un recreo moi entretido falando de distintas cousas... si..., tamén do noso libro de lectura deste trimestre!!! Houbo opinións para todos os gustos, pero cremos que, en xeral, o libro está gustando bastante. Pensade, pensade... Agardamos as vosas suxestións para escoller a obra de lectura da segunda avaliación. Aquí tedes unhas fotos da reunión. Vedes o diario de lectura do club?

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un  muro  onde poderedes expresar opinións, críticas,  suxestións, visións persoais ou o  que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...