O xoves desta semana, é 11 de febreiro e conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso, desde a biblioteca quixemos levar a cabo durante a semana varias iniciativas. Panel con toda a exposición Nas vitrinas montamos unha exposición con libros de temática STEM para fomentar o estudo e ensino das ciencias e as matemáticas desde os primeiros anos da Educación Secundaria ata o Bacharelato Vitrinas con libros Vitrinas con libros No panel verde da entrada, colocáronse tres exposicións simultáneas. A primeira delas sobre diferentes mulleres contemporáneas divulgadoras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía Enxeñería e matemáticas) que empregan redes sociais para levar a cabo este labor, e que vos aconsellamos seguir. A segunda sobre persoas LGTBI de ámbito científico que tamén realizan divulgación en ciencia dunha forma amena. E unha terceira sobre mulleres inventoras e mulleres científicas xa falecidas que foron referentes en diferentes campos d...