Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta radio

Radionovela: Chocolate para sobrevivir

Pois si, Chocolate para sobrevivir, escrito por Lola Collazo e locutado por todo o equipo de Alejandría: Lucía, Martín, Julia, Ana, Thiago e máis a propia autora, Lola. Como invitado especial, Isaac, técnico de sonido. Se queredes disfrutar con esta historia de suspense con zombis incluídos, preme neste enlace.

Trivial radiofónico co IES Fontexería de Muros

Este luns 3 de xuno tivemos unha visita moi esperada. Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica do IES Fontexería de Muros viñeron a xogar con nós a un Trivial moi especial: un Trivial de Cultura clásica elaborado por eles e elas ao longo do curso, coa axuda do seu profesor Felipe. Os do Isidro Parga perdimos con moita elegancia. Pero non importa, todo o compensou o estupendo paseo por A Coruña romana.

Dos novos programas de Rebolondas.

Xa podedes escoitar estas dúas xoias realizadas polas profesoras da Biblioteca. Preme nas ligazóns: Rebolondas arranca. Rebolondas e o chocolate.

Rebolondas

Aínda que o dictame do xurado se fixo esperar, xa temos nome para a nosa radio, Rebolondas! A creadora é Valeria Gesto Canedo, alumna de 2ª BAC B. Moitas grazas Valeria pola túa aportación! Parabéns!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...