Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cadea alimentaria

Día mundial do Medio Ambiente

Como todas e todos sabemos, o día 5 de xuño celébrase o Día mundial do Medio Ambiente. Este foi o noso gran de area no IES Isidro Parga Pondal. Desde os departamentos  da Biblioteca, Filosofía e Bioloxía e Xeoloxía realizáronse traballos sobre a calidade do aire en Galicia e outras cidades europeas. Sen deixar de pensar nos plásticos, que son un gran problema para o medio ambiente, o alumnado realizou peixes con botellas de plástico reutilizadas para simbolizar o gran problema da entrada dos plásticos na cadea alimentaria. Tamén buscaron información da calidade da auga e as fontes de Carballo e fixemos un programa de radio para recordar o día a toda a comunidade educativa. Preme aquí para ver máis fotos


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...