Entrevista a Pablo Iglesias (ex-alumno) con motivo do seu premio excelencia da Universidade da Coruña
Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión nos Graos do curso 2020-2021. Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria. Pablo recollendo o premio É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar a súa solidariedade, o seu respecto e o seu saber estar. Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xei...