Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día do libro

Audios do Día do libro

Aquí tedes, cun pouquiño de retraso, os audios que escoitamos o Día do libro nos cambios de clase. Son oito magníficas voces de rapazas e rapaces do noso instituto aos que lles damos as grazas pola súa participación e colaboración. Coa vosa axuda todo é máis sinxelo!!!

As fotos do Día do libro

Como xa sabedes, podedes ver a colección de fotos no Instagram da biblioteca; pero non podemos deixar de amosalas aquí, todas xuntas, para poder desfrutalas de todas as formas posibles. Fai clic sobre a imaxe e verás o álbum de fotos. Ou, se o prefires, mira a montaxe en vídeo de youtube: E, outra vez, grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día do libro

Grazas por participar nas nosas actividades para celebrar o Día do libro. Grazas a todo o alumnado que nos mandou fotos. Grazas ao persoal non docente por deixarnos ver como len. Grazas a todo o profesorado que mostra que ler é para todas as idades. Aínda podedes participar, porque no mundo da lectura sempre hai un oco que encher. Así que vos deixamos este espazo para que nos mostredes como facedes vós. Unha vez máis, grazas a todos por participar. Podedes ver os resultados e os progresos da exposición no noso Instagram (tedes o enlace ao final da páxina). Nos próximos días engadiremos a colección de citas que todos puidestes escoitar o Día do libro a través da megafonía do centro.

E ti como les?

Que imos facer o Día do libro ? Animádevos a participar coas vosas imaxes! Facede unha fotografía na que aparezades lendo, na que non se vos vexa a cara ou non se vos recoñeza facilmente...e enviádea ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliotecarebolo@gmail.com Faremos unha exposición no centro coas fotografías que recibamos e serán publicadas tamén na nosa conta de Instagram. Cantos máis participemos, máis teremos para comentar.

E ti como les?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...