Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 21, 2021

Día de Rosalía de Castro 2021

O IES ISIDRO PARGA PONDAL , centro moi comprometido co noso idioma, celebrou esta semana o “ Día de Rosalía de Castro 2021 ”. Para iso contou co apoio do alumnado e tamén dun grupo de ex-alumnos moi involucrados que realizaron unha serie de actividades encamiñadas a que toda a Comunidade Educativa puidese coñecer polo miúdo a figura da nosa poeta máis universal. Todas as actividades estiveron protagonizadas polo propio alumnado e coordinadas polos Departamentos de Lingua Galega, EDLG e a Biblioteca do centro. Comezouse cunha exposición sobre a homenaxeada que toda a Comunidade Educativa puido ver no taboleiro principal do centro. Nela inclúese unha liña histórica cos momentos relevantes da súa vida.      Expúxose ademais nunha vitrina da planta baixa unha ampla bibliografía da poeta.     Durante todos os días, emitiuse un podscat ás 8:45 e pola tarde ás 19:15 onde o alumnado de Bacharelato recitou poemas da autora. Podedes escoitar a versión completa con todos os poemas no


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...