Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta agasallo

Éxito no Día da Biblioteca escolar!

Vistes que mesa de agasallos preparamos? Posiblemente non puidestes contemplala porque non tardastes en interesarvos polos libros que vos ofreciamos!  Está claro que vos encantaron os nosos agasallos! E que nos dicides das Recomendacións que algúns de vós fixestes? A todas e todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración A que é sensacional? E non foi menos interesante a exposición de Bibliotecas do mundo , unha variada selección de imaxes para todos os gustos, alternativas e inversión... Pero todas cumpren a súa función, achegarnos á lectura e ás posibilidades que nos ofrece.     Recoñecedes esta última?  😉

24 de outubro, Día da biblioteca

Coma todos os anos, o día 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. E como as bibliotecas escolares non somos menos, nós tamén o celebramos con diversas actividades! Este ano imos facer un agasallo a todas e todos os que vos acheguedes pola biblioteca; pero non esquezades que todo o material é efémero e que os regalos non van saír a buscarvos! Na entrada do centro poderedes ver as recomendacións de compañeiras e compañeiros, que puxeron a súa man artística ao servizo do noso Lugar de encontro. E poderedes contemplar interesantes imaxes de bibliotecas do mundo, algunhas grandiosas edificacións e outras enormes polo seu significado. Feliz día da biblioteca!!!

Comezamos o curso con agasallos!

O pasado venres 21 xa houbo festa na Biblioteca Rebolo! O alumnado voluntario do pasado curso recibiu os seus merecidos diplomas e un agasallo en agradecemento pola súa colaboración nas actividades que realizamos. Sabemos que contamos con elas e eles para este curso; pero como hai máis xente que quere participar, en breve abrirase unha nova convocatoria. Esperámosvos!!!!

Día das Letras Galegas III

Xa chegou unha morea de traballos para os concursos! Pero non esquezades que hoxe remata o prazo de presentación. E non deixedes de participar nas outras actividades que vos ofrecemos: Na historia colectiva...   Os preciosos cadernos nos que estades escribindo foron cedidos polo Concello. Agradecemos a súa colaboración! No noso Xogando coas letras... Os compañeiros e compañeiras que participaron  xa teñen o seu agasallo. A que esperades para recoller o voso? E admirade as nosas escaleiras literarias dedicadas a M. Victoria Moreno!    Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...