Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 15, 2020

Campaña 'A Gran Recollida' do Banco de Alimentos

  Desde a Biblioteca Rebolo queremos dar a coñecer, se non o sabedes xa, a iniciativa 'A Gran Recollida' organizada polos Bancos de Alimentos que terá lugar desde o día 16 ata o 21 de novembro.   Se a comezos de ano o banco de alimentos atendía a un millón de persoas, ao termo do estado de alarma a demanda de alimentos aumentou nun 30% e axudan xa a 1,5 millóns de beneficiarios, cuxo número segue aumentando sen parar... Por culpa da pandemia, non poden estar fisicamente nos supermercados e tendas así que todas aquelas persoas que queiran colaborar coa campaña poderán facelo doando economicamente a cantidade que desexen ao pasar pola caixa da súa tenda engadíndose ao ticket de compra, ou na web 'www.granrecogidadealimentos.org'. Os fondos de toda a recadación da campaña irán integramente destinados á compra por parte de cada Banco de Alimentos dos alimentos máis necesarios.  

Novo horario provisional

 Debido ao cambio de recreo de 4º ESO desde a vosa biblioteca Rebolo temos que facer  cambios nos nosos horarios. Aínda son provisionais e esperamos ter os definitivos a finais desta semana.  Desculpade as molestias.  


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...