Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 8, 2017

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un  muro  onde poderedes expresar opinións, críticas,  suxestións, visións persoais ou o  que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!

Alumnado voluntario

Este ano tamén desexamos contar coa vosa colaboración directa. Por iso imos reunirnos con todos os que queirades realizar labores de voluntariado. Buscamos alumnado que estea interesado en participar no deseño e na elaboración de actividades, en tarefas de xestión e dinamización da nosa biblioteca... Se estás interesad@, esperámoste!!!

Club de lectura

Club de lectura... comezamos!!! Esperámosvos o vindeiro luns 23 de outubro ás 11:00 na biblioteca. Aproveitaremos para presentar os novos integrantes do club e escolleremos a lectura deste trimestre. Queremos coñecer tamén as vosas suxestións e ideas para decidir os próximos libros do club. Ademais, temos preparado un diario de lectura que vos permitirá obter recompensas no uso da biblioteca segundo os libros que vaiades lendo. Apuntade a data nas vosas ocupadas axendas e non faltedes!

Ola

O que ves é un gran OLA, unha nova forma de mostrar a biblioteca que coñecías, a maneira en que se producen moitos fenómenos naturais. Onde había algo coñecido e estimado, de súpeto o paso de tempo dá lugar a novas formas que substitúen ás que había e que o tempo levou consigo. Moitos botaredes en falta a BibliotecaLandra que nos acompañou estes últimos dez anos. Moitos agradecemos o seu labor, do que algúns formamos parte. Agora chega unha nova tempada con novos froitos, coma este, que será instrumento dun novo equipo formado por novas caras, unhas máis coñecidas que outras, pero cun obxectivo común: compartir o que temos nun ambiente de afabilidade e confianza. Co nome de BibliotecaRebolo este novo equipo invítavos a formar parte unha vez máis deste mundo que se centraliza na biblioteca, con actividades, con concursos, con recitais e conferencias. Con todo o que faga falta para que a sintas preto de ti e teñas o desexo de formar parte dela. Por este motivo abrimos est


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...