Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fotografías

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente , que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico". O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame. Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes: E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas: Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde! Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema. Para comezar,...

As fotos do Día do libro

Como xa sabedes, podedes ver a colección de fotos no Instagram da biblioteca; pero non podemos deixar de amosalas aquí, todas xuntas, para poder desfrutalas de todas as formas posibles. Fai clic sobre a imaxe e verás o álbum de fotos. Ou, se o prefires, mira a montaxe en vídeo de youtube: E, outra vez, grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día do libro

Grazas por participar nas nosas actividades para celebrar o Día do libro. Grazas a todo o alumnado que nos mandou fotos. Grazas ao persoal non docente por deixarnos ver como len. Grazas a todo o profesorado que mostra que ler é para todas as idades. Aínda podedes participar, porque no mundo da lectura sempre hai un oco que encher. Así que vos deixamos este espazo para que nos mostredes como facedes vós. Unha vez máis, grazas a todos por participar. Podedes ver os resultados e os progresos da exposición no noso Instagram (tedes o enlace ao final da páxina). Nos próximos días engadiremos a colección de citas que todos puidestes escoitar o Día do libro a través da megafonía do centro.

E ti como les?

Que imos facer o Día do libro ? Animádevos a participar coas vosas imaxes! Facede unha fotografía na que aparezades lendo, na que non se vos vexa a cara ou non se vos recoñeza facilmente...e enviádea ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliotecarebolo@gmail.com Faremos unha exposición no centro coas fotografías que recibamos e serán publicadas tamén na nosa conta de Instagram. Cantos máis participemos, máis teremos para comentar.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...