Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta la lección de August

Próxima reunión do Club de lectura

O próximo luns, 18 de decembro, terá lugar a última reunión deste ano do Club de lectura "Vixía das letras". Non faltedes porque imos escoller o próximo título e xa sabedes que tendes moito que dicir. Vémonos.

Falamos da Lección de August

O pasado luns tivemos unha reunión do club de lectura. Pasamos un recreo moi entretido falando de distintas cousas... si..., tamén do noso libro de lectura deste trimestre!!! Houbo opinións para todos os gustos, pero cremos que, en xeral, o libro está gustando bastante. Pensade, pensade... Agardamos as vosas suxestións para escoller a obra de lectura da segunda avaliación. Aquí tedes unhas fotos da reunión. Vedes o diario de lectura do club?

Reunión do club de lectura

Xa temos data para a próxima reunión do club de lectura. Será o  luns 20 de novembro no recreo . Queremos coñecer as vosas opìnións sobre a primeira parte da novela. Esperámoste na Biblioteca!!!

Primeira reunión do club de lectura

Esta semana o noso club de lectura, "Vixía das letras", tivo a súa primeira xuntanza. Comezamos as reunións deste ano con moita enerxía e aproveitamos para coñecernos un pouco máis. Eliximos tamén o libro de lectura para este trimestre: La lección de August , de R. J. Palacio. Recordade que na próxima reunión comentaremos a lectura e seleccionaremos as que valoredes como mellores frases do libro. Sinopse: «Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque es...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...