A estas alturas da Semana das Letras Galegas, desde o equipo da Biblioteca e do EDLG estaríamos preparando diversas actividades e enchendo os corredores do instituto con carteis e traballos do noso alumnado. As especiais circunstancias deste ano fan que non o podamos facer presencialmente, pero esta situación de confinamento non vai impedir que celebremos a Semana das Letras Galegas, aínda que sexa desde a casa. A continuación achegamos uns enlaces para contribuír a divulgar a figura e a obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html Ademais destes materiais aparecen na sección do Día das Letras Galegas numerosas actua...