Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 24, 2021

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (27 xaneiro de 2021)

O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. O 27 de xaneiro conmemoramos a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Neste día lembramos o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus e doutras comunidades relixiosas, etnias e grupos minoritarios, como testemuñas de Xehová, xitanos, homosexuais ou persoas con discapacidades durante a 2ª Guerra Mundial. O Holocausto foi o maior xenocidio do século XX, un exterminio étnico levado a cabo polo estado nazi alemán, liderado por Adolf Hitler. Este xenocidio masivo comezou con políticas discriminatorias e segregación nos guetos das cidades e rematou coa deportación de miles de persoas a campos de exterminio onde foron "eliminados". É importante coñecer a historia e render homenaxe ás miles de persoas que morreron nos campos de concentración nazi, máis aínda cando estamos asistindo na actualidade a un


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...