Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o “Día da Muller e da Ciencia . Desde o noso centro queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo. Destacamos así, o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra. Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son: Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM. Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas. Promocionar o uso da tecnoloxía e ...