Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 30, 2025

Falemos+Galego

  O noso instituto, xunto con outros centros educativos de secundaria, bacharelato e FP da  Costa da Morte,   vai participar nunha   campaña  conxunta a prol do noso idioma:    Falemos + galego . A base de todo: o  orgullo  de ser da Costa da Morte, galegofalante. Como fins, remover conciencias e xerar estímulos para o maior emprego desta lingua. Consta a campaña de dúas fases: Na  primeira  haberá  dous concursos  (individual ou en equipo) no noso centro que teñen como premio  50 euros  cada un: Creación dun lema e un logo  a prol de usar o galego, que poida usarse en diferentes soportes materiais: cabeceiras de documentos, camisetas, cuncas... Elaboración dun vídeo, de duración non superior a 60 segundos.   Na  segunda , os gañadores representarán ao noso instituto no concurso intercentros que terá como premio  150 euros  para cada categoría. A entrega destes premios intercentros f...

8 M - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: desde as que deixaron unha pegada na historia a todas as que nos rodean...

Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, o noso alumnado de 2º da ESO realizou dous traballos que non só axudaron a homenaxear todas estas mulleres neste día especial, senón tamén a fomentar a busca de información de calidade e o espírito crítico dos nosos alumnos e alumnas, a lectura comprensiva e a expresión escrita. Unha das tarefas consistiu na busca de información sobre alquelas científicas que deixaron unha pegada na historia, dirixido desde o departamento de Física e Química.   Por outra banda, non quixemos esquecer que aínda que non estean recoñecidas oficialmente ou institucionalmente, son moitas as mulleres que temos ao carón, ás  que admiramos por diferenes razóns. A estas, o noso alumnado, dirixido desde o departamento de Lingua Galega e Literatura, rendeoulles homenaxe!     Moitas grazas ao departamento de Física e Química e Lingua Galega polo seu traballo!!      

Concurso literario: exercitamos a imaxinación e mostramos a nosa capacidade de escribir en lingua galega

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso literario o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias. Animádevos a participar! Consultar biografía aquí:  https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras/presentacion

Seguimos buscando xente creativa en lingua galega: Concurso cantigas de Entroido

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por quinto ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido. Gústanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Estes e estas foron as gañadoras: Podedes consultar os textos das cantigas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node?page=3


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...