Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 2, 2024

As grullas da paz!!

Xa contamos no noso centro coa figura móbil de grullas para conmemorar o Día Mundial da Paz. Desde o departamento de Educación Plástica, a través dunha petición do equipo de biblioteca, traballou ao londo do curso o Día Mundial da Paz desde a educación artística. E, finalmente, elaboraron unha figura móbil de grullas que podemos expoñer no noso centro con grande orgullo. Moitos parabéns polo resultado!!!

"Trolebús literario", ruta literaria por Carballo

A través dunha inicitaiva da biblioteca e do EDLG, o luns 3 de xuño, o noso alumnado do club de lectura montou no "trolebús literario" para percorrer unha ruta literaria carballesa. Así, nunha visita guiada, visitamos lugares vinculados con autores carballeses ou zonas que aparecen en obras da literatura galega. Nesta ocasión, collemos a liña 1, mais esperamos poder gozar dunha futura visita a bordo da liña 2 deste "trolebús literario"!!! Aquí vos deixamos unha mostra desta interesante viaxe!!

Obradoiro "Especies invasoras"

A última semana de abril e a primeira de maio,  a o noso equipo de biblioteca xunto co departamento de Bioloxía organizou un obradoiro en colaboración coa asociación Amabul sobre especies invasoras. Amabul é unha Asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental. Así, o alumnado de 4ºA-B-C de Bioloxía, 4ºESO de Proxecto competencial, 1ºBAC A-B de Bioloxía, 1ºESO B-D e 3ºPDC axudararon a montar unha exposición na entrada do centro chamada “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”, que é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona. Ademais disto, o alumnado asistiu a unha serie de charlas impartidas por membros desta asociación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

"Rebolotion test", concurso interdisciplinar desenvolvido na biblioteca Rebolo

 Esta semana comezou o noso concurso interdisciplinar "Rebolotion test", organizado desde o equipo de biblioteca e o EDLG, coa colaboración dos diferentes departamentos didácticos do centro. Este concurso está dividdo en dous niveis, un para alumnado de 1º e 2º da ESO e outro para 3º e 4º da ESO, e estase a desenvolver na nosa biblioteca ao longo da última semana de maio e as dúas primeiras de xuño nos recreos. Nel, o alumnado que participa, en grupos, responde a preguntas de diferentes áreas que nos achegaron os departamentos didácticos deste centro. Estamos moi agradecidas pola colaboración porque grazas a isto puidemos poñer en marcha esta iniciativa na que está participando a rapazada con moito entusiasmo!!! Aquí vos deixamos unha mostra da primeira ronda!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...