Hoxe xunto con parte do alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato puidemos desfrutar dunha ruta por Carballo onde un experto en toponimia afincado en Carballo, Fernando Cabeza Quiles, nos levou por diferentes lugares para explicarnos de onde veñen eses nomes que forman parte do noso día a día, pero dos que descoñeciamos a súa orixe. Así, puidemos saber o porqué do nome da tan coñecida e frecuentada Rúa da Estrela, por que lle chamamos agora rúa Fleming á que antes se denominaba Rúa do lagarto, de onde vén o nome do Polvorín ou do Chorís... Foi un pracer facer este roteiro de microtoponimia e esperamos poder volver a desfrutalo co alumnado que non puido acudir neste día!!