Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 17, 2024

A muller no deporte: charla das nosas alumnas deportistas (8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora)

 As mulleres deportistas levan moito tempo loitando pola súa visibilidade e pola non discriminación. Posto que o número de alumnas deportistas do noso centro é amplo, e os deportes que practican variados, quixemos contar co seu testemuño. Así pois, alumnas de 3º e 4º da ESO falárolle ao noso alumnado de 1º da ESO sobre o deporte que practican, as súas condicións de adestramento e sobre as diferenzas entre os equipos e os partidos masculinos e femininos.     Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa activa colaboración co equipo de Biblioteca na organización desta charla para conmemorar o Día Internacional da Muller, centrado neste caso na muller deportista!

A violencia de xénero: Noelia Míguez fálanos do tema e presentamos o seu libro (8 de marzo, Día Internacional da Muller; 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

Para conmemorar o Día internacional da Muller (8 de marzo), pero sen esquecer a violencia machista que esta sofre (lembramos que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller é o 25 de novembro), o 18 de marzo estivo no noso centro Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, os diferentes tipos e mostrarnos casos reais, partindo da súa experiencia persoal.  Noelia explicoulles ao noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, desde a primeira persoa, o que vive e sofre unha vítima de violencia de xénero. E presentounos o seu libro, Ocho señales. Cuestión de vida o muerte , onde relata, desde esa vivencia persoal, o maltrato sufrido e o seu proceso físico e psicolóxico ao longo dese tempo. Na Biblioteca Rebolo temos algúns exemplares que se poden coller para ler e que vos recomendamos!!                            


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...