Saltar ao contido principal

Publicacións

Falamos da Lección de August

O pasado luns tivemos unha reunión do club de lectura. Pasamos un recreo moi entretido falando de distintas cousas... si..., tamén do noso libro de lectura deste trimestre!!! Houbo opinións para todos os gustos, pero cremos que, en xeral, o libro está gustando bastante. Pensade, pensade... Agardamos as vosas suxestións para escoller a obra de lectura da segunda avaliación. Aquí tedes unhas fotos da reunión. Vedes o diario de lectura do club?

En negro, contra a violencia

A Biblioteca Rebolo súmase á campaña  En negro, contra a violencia   que se leva a cabo o día 25 de novembro,  Día internacional da  non  violencia contra as mulleres

O Samaín do Parga

O pasado 31 de outubro celebramos no centro o Samaín cunha Santa Compaña que nos fixo arrepiar de medo. Moitas grazas aos alumnos e alumnas colaboradores. Sodes uns grandes actores!!! Aquí deixámosvos unhas imaxes para que comprobedes que o pasamos de   meeeeedooooo!!!! .

Reunión do club de lectura

Xa temos data para a próxima reunión do club de lectura. Será o  luns 20 de novembro no recreo . Queremos coñecer as vosas opìnións sobre a primeira parte da novela. Esperámoste na Biblioteca!!!

Bases para os concursos pola Non Violencia Contra a Muller

Non cales, mira, escoita!

Non sexas así

Achégase o día 25

Novo curso, novos lectores

Os alumnos de 1º da ESO tiveron unha actividade de presentación da biblioteca, na que aprenderon a organización, normas de uso e foron  identificados como novos usuarios.

Éxito na celebración do Día da Biblioteca

Esta semana celebramos no centro o Día Internacional da Biblioteca. Escribistes as vosas opinións e suxestións sobre a nosa biblioteca nun gran mural que agora temos colocado como decoración. Tamén puidestes levar de recordo algúns materiais da nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos dese día.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...