Saltar ao contido principal

Publicacións

Ditame do Concurso de Composicións

O xurado decidiu seleccionar os seguintes traballos de Composición 1º premio 2º premio As persoas que presentaron estes traballos teñen un prazo de 24 horas para identificarse na Biblioteca Rebolo, xa que temos que comprobar que os participantes cumpren os requisitos especificados nas bases do concurso. Entenderemos que quen non se identifique neste prazo, renuncia ao premio.

Día Internacional pola Eliminación da violencia contra a Muller

O día 24 de novembro celebramos unha serie de actividades con motivo do Día Internacional pola Eliminación da violencia contra a Muller. A Biblioteca Rebolo sumouse á esta xornada cunha exposición de carteis, proxección de curtametraxes, posta en marcha de concursos a través das redes. Contamos ademais coa colaboración do departamento de Debuxo que elaborou co seu alumnado tres grandes carteis e unha colección de storyboards con esta temática. Esforzo que lles agradecemos 😘. Esperamos que fose todo do voso agrado!

Falamos da Lección de August

O pasado luns tivemos unha reunión do club de lectura. Pasamos un recreo moi entretido falando de distintas cousas... si..., tamén do noso libro de lectura deste trimestre!!! Houbo opinións para todos os gustos, pero cremos que, en xeral, o libro está gustando bastante. Pensade, pensade... Agardamos as vosas suxestións para escoller a obra de lectura da segunda avaliación. Aquí tedes unhas fotos da reunión. Vedes o diario de lectura do club?

En negro, contra a violencia

A Biblioteca Rebolo súmase á campaña  En negro, contra a violencia   que se leva a cabo o día 25 de novembro,  Día internacional da  non  violencia contra as mulleres

O Samaín do Parga

O pasado 31 de outubro celebramos no centro o Samaín cunha Santa Compaña que nos fixo arrepiar de medo. Moitas grazas aos alumnos e alumnas colaboradores. Sodes uns grandes actores!!! Aquí deixámosvos unhas imaxes para que comprobedes que o pasamos de   meeeeedooooo!!!! .

Reunión do club de lectura

Xa temos data para a próxima reunión do club de lectura. Será o  luns 20 de novembro no recreo . Queremos coñecer as vosas opìnións sobre a primeira parte da novela. Esperámoste na Biblioteca!!!

Bases para os concursos pola Non Violencia Contra a Muller

Non cales, mira, escoita!

Non sexas así

Achégase o día 25



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...