Saltar ao contido principal

Publicacións

Cadro de datas do concurso

Para facilitar a compresión das datas de participación nas diferentes probas do Sabías quen? , lembrade que tedes un cadro na porta da biblioteca e nas aulas de ESO 1 e ESO 2. Para aqueles que o consideredes máis cómodo, aquí vos deixamos o mesmo cadro. E ánimo! Todas e todos a participar!!!

Comezamos coas inscricións!

O luns 19 xa podes inscribirte no  Concurso Sabían quen? Non vaias esquecerte!!!

PARTICIPA!!!

Desde este luns 19 de e até o venres 23 de febreiro, INSCRÍBETE e PARTICIPA no concurso SABÍAS QUEN? Cubre o impreso que che ofrecemos directamente na biblioteca ou, se o prefires, fai clic neste  enlace e faino a través dun formulario de google    (lembra que neste caso tes que ter unha conta de Google). Ánimo e sorte!!! 

A xogar!!!

Este ano estreamos novo concurso... Sabías quen? Xa tedes nas vosas aulas as Bases do concurso , pero seguro que algún de vós prefire consultalas a través da vía dixital, a que si? Pois aquí as tedes, (se non as vedes ben, premede neste enlace  ou directamente nas bases) A partir do próximo luns, teredes ás vosa disposición os formularios de inscrición na biblioteca e no blog, se preferides facelo en formato dixital. Esperamos a vosa participación!

Concurso SABÍAS QUEN?

FUN PIRATA, FUN VAQUEIRO, FUN HEROE... ENTROIDO 2018

O club de lectura "Vixía das letras" celebrou o pasado xoves un entroido literario: tivemos piratas, heroes, hippies, espartanos, vaqueiros... Caracterizados dos diferentes personaxes, os alumnos e alumnas do club de lectura dramatizaron pequenos fragmentos de obras moi coñecidas e relacionadas cos seus disfraces. Moitas grazas pola vosa colaboración. Foi moi divertido e fixéstelo xenial!!!

TRABALLANDO POLA NON VIOLENCIA E A PAZ

30 de xaneiro de 2018 Hoxe no centro desfrutamos da xornada conmemorativa do  Día Internacional da non violencia e da paz!!! Unha parte importante de vós participou na elaboración de material do que agora todos podemos aprender un pouco máis sobre a convivencia en paz, sobre a amizade, sobre a necesidade de colaborar para obter grandes resultados... como os que podedes ver nas fotos que agora vos amosamos.  Estes son os carteis que elaborastes, recoñecedes o voso?  E as vosas caras vendo o vídeo ?

Día da Non Violencia e da Paz

O alumnado do IES Isidro Parga Pondal, en colaboración co EDL e a Biblioteca Rebolo, traballou na elaboración deste vídeo para colaborar na conmemoración do Día da Non violencia e a Paz e fomentar as actitudes de amizade, solidariedade e compañeirismo que deben prevalecer nas nosas relacións. Esperamos que vos guste!

Antón Riveiro Coello, un crack!

Cando lle preguntamos ao alumnado a súa opìnión sobre Antón Riveiro Coello despois da súa visita do pasado xoves 14 de decembro, isto foi o primeiro que responderon: UN CRACK! Se lles gustou o libro, A ferida do vento , desfrutaron da súa charla de case dúas horas sen pestanexar! O autor tamén pareceu cómodo porque non baixaba o ritmo a pesar de que arrastraba unha gripe que, en condicións normais, restaríalle entusiasmo; pero nada diso se puido apreciar durante a charla. Deunos datos da súa vida que complementan os que puidemos coñecer a a través do libro e que captaron a atención de todos os presentes. Esperamos poder recibilo pronto de novo! Agradecemos a súa visita, as súas ganas, a súa entrega e a súa obra!                                                  GRAZAS ANTÓN, volve cando queiras!

Novo ano, novas lecturas no club "Vixía das letras"

O club de lectura "Vixía das letras" comeza con enerxía este novo ano 2018. Reunirémonos durante o recreo o vindeiro luns 15 de xaneiro. Xa temos os exemplares do libro para esta avaliación e queremos que os vaiades levando para ler. Seguro que haberá máis dun voluntario ou voluntaria para presentarnos esta novela de Laura Gallego. Se queredes ter máis información sobre a obra, só tedes que premer neste enlace: https://www.lauragallego.com/libros/novelas-independientes/la-emperatriz-de-los-etereos/ A nós gustáronnos especialmente as imaxes dos cadernos nos que Laura Gallego escribíu a súa historia (as fotografías proceden da páxina anterior):


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...