Saltar ao contido principal

Publicacións

Comezamos o curso con agasallos!

O pasado venres 21 xa houbo festa na Biblioteca Rebolo! O alumnado voluntario do pasado curso recibiu os seus merecidos diplomas e un agasallo en agradecemento pola súa colaboración nas actividades que realizamos. Sabemos que contamos con elas e eles para este curso; pero como hai máis xente que quere participar, en breve abrirase unha nova convocatoria. Esperámosvos!!!!

Xa (case) estamos aquí!

Boas a todas e todos! Non desesperedes, xa estamos a piques de abrir as portas!   Esperamos poder estar convosco a próxima semana, a ser posible o luns 1 de outubro.  Aínda que xa non podemos contar con Anta nin con María Bascuas (estamos negociando con cadanseus representantes para conseguir que nos visiten durante o presente curso), as demais seguimos aquí, ao voso servizo para o que precisedes, baixo a batuta de Bea Cuesta (a nosa nova lider ) e coa colaboración engadida de Basi, Sandra, Diego e Irma.  E, como non, seguimos contando con todas e todos vós, polo que continuaremos propoñendo actividades nas que sempre estamos encantados da vosa participación. Pero isto non é o único que esperamos, precisamos a vosa iniciativa, as vosas ideas, a vosa creatividade, as vosas suxestións, o voso traballo. Xuntos imos facelo moito mellor! Xa vos iremos contando! Estade atentos ás nosas comunicacións! Feliz curso a todos e todas!...

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente , que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico". O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame. Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes: E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas: Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde! Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema. Para comezar,...

Non hai dúbida: xuño está aquí

¿Alguén ten hoxe un exame? ¿Hai que presentar un traballo? ¿Imprimir unha imaxe? ¿Resolver un exercicio? ¿Consultar información? Estes últimos días de curso é difícil atopar sitio na biblioteca do Parga Pondal. Se seguimos así, imos necesitar unha ampliación. A todas e todos, ánimo e moita sorte neses exames!!!

Resultado dos concursos do Día das letras

O xurado dos concursos convocados para conmemorar o Día das letras galegas decidiu conceder os seguintes premios: Concurso literario 1º premio na primeira categoría: "Maldito" de Carolina Mouro Periscal 1º premio na segunda categoría: "Un pequeno can" de Milena Muíño Pereira Concurso de debuxos 1º premio na primeira categoría para Marcos Amado Alcoba, Alejandro Caamaño Sande, Jessica Díaz Gesto, Sebastián García Reimóndez, Clara Lorenzo Rama, Ramón López Añón, Máximo Agustín Páez Farias e Noé Varela Fernández. Parabéns a todas e todos! Poderedes recoller os premios na biblioteca a partir do luns 28 de maio e até o venres 1 de xuño.

Día das Letras Galegas III

Xa chegou unha morea de traballos para os concursos! Pero non esquezades que hoxe remata o prazo de presentación. E non deixedes de participar nas outras actividades que vos ofrecemos: Na historia colectiva...   Os preciosos cadernos nos que estades escribindo foron cedidos polo Concello. Agradecemos a súa colaboración! No noso Xogando coas letras... Os compañeiros e compañeiras que participaron  xa teñen o seu agasallo. A que esperades para recoller o voso? E admirade as nosas escaleiras literarias dedicadas a M. Victoria Moreno!    Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

M. Victoria Moreno Márquez

M. Victoria Moreno Márquez é a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas   Deixámosvos aquí unha serie de enlaces de interese sobre a figura desta autora: Vídeo interactivo na páxina da Deputación Da Coruña Referencias biográficas e bibliográficas na web da  Real Academia galega Gran cantidade de material descargable e interactivo en Primavera das letra s . Web  Cultura de Galicia   da Xunta de Galicia. No Portal da Lingua Galega podedes atopar máis documentos relacionados, así como exposicións e actividades dimanizadorass realizadas por centros de toda Galicia. Unidade didáctica da AS-PG.

Día das Letras Galegas II

D17 de maio Día das Letras Galegas Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades! Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio). Aínda hai máis! Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:    Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta. Construíde connosco! Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa. Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...! E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero ...

Audios do Día do libro

Aquí tedes, cun pouquiño de retraso, os audios que escoitamos o Día do libro nos cambios de clase. Son oito magníficas voces de rapazas e rapaces do noso instituto aos que lles damos as grazas pola súa participación e colaboración. Coa vosa axuda todo é máis sinxelo!!!

Día das Letras Galegas

O próximo día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a M. Victoria Moreno. En colaboración co departamento de Lingua Galega e o ENDL, temos previstas diversas actividades das que vos iremos informando, pero comezamos propondo estes dous concursos que hoxe abren o prazo de presentación.  Contamos coa vosa participación!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...