Saltar ao contido principal

Publicacións

Estreamos Biblioteca móbil

Pois si, xa temos a biblioteca móbil en funcionamento. Se Mahoma non vai á montaña, a montaña ten que ter rodas....verdes!!!

Trivial radiofónico co IES Fontexería de Muros

Este luns 3 de xuno tivemos unha visita moi esperada. Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica do IES Fontexería de Muros viñeron a xogar con nós a un Trivial moi especial: un Trivial de Cultura clásica elaborado por eles e elas ao longo do curso, coa axuda do seu profesor Felipe. Os do Isidro Parga perdimos con moita elegancia. Pero non importa, todo o compensou o estupendo paseo por A Coruña romana.

Dos novos programas de Rebolondas.

Xa podedes escoitar estas dúas xoias realizadas polas profesoras da Biblioteca. Preme nas ligazóns: Rebolondas arranca. Rebolondas e o chocolate.

Os videoxogos violentos, nos fan máis agresivos ou nos axudan a liberar estrés?

O pasado día 21 de Maio tivo lugar no IES Isidro Parga Pondal un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña. O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.  A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate.

UNHA ANDAINA POLA ASTRONOMÍA

O pasado 10 de maio visitounos Víctor Tilve nunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas. Víctor estudou matemáticas na USC e foi, xustamente durante a carreira, cando se atopou coa Astronomía ao realizar un traballo sobre astrofotografía. Tras esta experiencia, o noso poñente mudou os seus intereses cara a contaminación luminosa, ao comprobar que na súa cidade, Vigo, as estrelas non eran visibles pese a ter unhas condicións climáticas favorables. A afición de Víctor pola Astronomía foi medrando ata o punto de convertirse tamén na súa profesión. Na actualidade traballa como operador de telescopios no observatorio de Javalambre (Teruel), traballo que combina coa divulgación científica e coa investigación. Na súa visita Víctor fíxonos unha breve introdución á Astronomía, falounos dos telescopios que emprega no seu traballo (os cales sorprendentemente empregan logaritmos no seu funcionamento) e fíxonos partícipes da problemática que amosa a contaminación luminosa. ...

Resolución do Concurso de marcapáxinas

E estes son os marcapáxinas premiados! Tendo en conta a calidade dos tres, decidimos dar tres primeiros premios que recibirán un vale de 15 euros cada un. Parabéns! Lola Collazo de 1 ESO D   Alejandro Barrera de 1 BAC A    Sara Gende de 1 ESO D   Grazas pola vosa participación!

Semana das Letras

Mañá é 17 de maio, Día das Letras Galegas e no IES Isidro Parga Pondal celebrámolo con diversas actividades. Para comezar, que vos parecen as nosas escaleiras? Podemos coñecer máis da figura de Antón Fraguas a través de dúas exposicións:  a proporcionada pola Xunta e a realizada polo alumnado do CPI San Luís Romero e que hoxe tivemos a sorte de que as profesoras encargadas viñeran presentar  Propoñemos tamén unha serie de xogos sobre esta celebración; e está tendo moito éxito!!! Se participades, poderedes recibir como agasallo unha chapa; e se acertades... unha mochila!!! Aínda estades a tempo de conseguir a vosa!

O alumnado do IES Isidro Parga Pondal concentran a súa sabedoría e as sáus sensacións en haikus

Singular iniciativa a que desenvolveu o pasado 9 de maio o club de lectura Alejandría do IES Isidro Parga Pondal. A autora Francisca García Jañez impartiu nun obradoiro de haikus, poemas clásicos xaponeses, que representas fermosas e pequenas píldoras de sabiduría. Nun ambiente relaxado, o alumnado aprendeu a pararse nos pequenos momentos da vida e expresar as sensacións que estos lle producen. Finalmente, todos e todas fixeron varios poemas deste tipo sobre a natureza e tamén sobre as bibliotecas e os libros. A coordinadora da Biblioteca do instituto, Bea Cuesta, valora moi positivamente estes eventos e nos manda algunha das creacións dos nosos artistas. Mais info.

Concurso de marcapáxinas

Rebolondas

Aínda que o dictame do xurado se fixo esperar, xa temos nome para a nosa radio, Rebolondas! A creadora é Valeria Gesto Canedo, alumna de 2ª BAC B. Moitas grazas Valeria pola túa aportación! Parabéns!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...