Saltar ao contido principal

Publicacións

Celebración do día da Biblioteca

Hoxe, día 24, é o día das bibliotecas escolares. Dende o noso centro quixemos sumarnos as celebracións co noso granito de area. Para iso fixemos, dunha banda, carteis con bibliotecas famosas de todo o mundo así como de películas, series e libros. Ademáis, seleccionamos unha serie de libros para agasallar aos rapaces que poideron coller de balde. Aquí os dexamos algunhas fotos para que o poidades ver por vós mesmos. Selección de libros para os rapaces Selección de libros para os rapaces Recomendación de libros do alumnado de 1º ESO Bulide a nosa biblioteca ou quedaredes sen libros Bibliotecas de películas e series Bibliotecas de libros (coa súa adaptación cinematográfica) Aínda máis bibliotecas de películas e series O cartel da nosa celebración

Charla informativa ao alumnado novo de 1º ESO

Durante o comezo deste novo curso, 2019-2020, ensinamos aos novos alumnos o funcionamento da Biblioteca e as nosas instalacións. Aquí tedes algunhas fotos sacadas durante as mesmas.

Ata pronto, Alejandría.

Pois si, despedímonos ao grande, con festa, agasallos, libros e chocolate. Bo verán!!

Charla sobre a menstruación

Irene Loureiro xa nos ten acostumabos á súa actividade comprometida. Nesta ocasión, agasallounos cunha charla sobre a menstruación. E como non, a súa perpectiva non deixou indiferente a ninguén. Abordou o tema dende a bioloxía, a socioloxía e non descuidou cuentións prácticas e de prevención de enfermidades. Irene non estaba soa: Uxía e Saray manexaban a proxección que acompanou á explicación. Grazas e bo traballo!!

Tecnoloxía e suxestións

Grazas ao alumnado de Tecnoloxía e ao seu profe, xa temos o buzón de suxestión posto e ben posto. Acabaronse os sustos e as chapuzas.

Radionovela: Chocolate para sobrevivir

Pois si, Chocolate para sobrevivir, escrito por Lola Collazo e locutado por todo o equipo de Alejandría: Lucía, Martín, Julia, Ana, Thiago e máis a propia autora, Lola. Como invitado especial, Isaac, técnico de sonido. Se queredes disfrutar con esta historia de suspense con zombis incluídos, preme neste enlace.

No último cuadrimestre no club de lectura do Módulo 2 de adultos limos...

“Engancha dende o principio porque non podes parar de reírte”  “Lino nunha e non o puiden deixar! A miña filla miraba para min como se estviera tola por como me reía, así que o límos xuntas!!!  “Divertidísimo!!!”    “¡Ojalá hubiera una segunda parte!” ¡Te partes de risa y se lee enseguida! ¡Ya podían ser los libros obligatorios como este!”

No terceiro cuadrimestre no clube de lectura do Módulo 4 de ESA limos...

“Me vi muy reflejada en la historia. Cuenta muy bien cómo es el día de los adolescentes en un insti” “¿Por qué no me pondrían estos libros cuando estaba estudiando la ESO?” Recoméndoo porque é moi interesante, pasa na nosa zona e é unha literatura sinxela .

Día mundial do Medio Ambiente

Como todas e todos sabemos, o día 5 de xuño celébrase o Día mundial do Medio Ambiente. Este foi o noso gran de area no IES Isidro Parga Pondal. Desde os departamentos  da Biblioteca, Filosofía e Bioloxía e Xeoloxía realizáronse traballos sobre a calidade do aire en Galicia e outras cidades europeas. Sen deixar de pensar nos plásticos, que son un gran problema para o medio ambiente, o alumnado realizou peixes con botellas de plástico reutilizadas para simbolizar o gran problema da entrada dos plásticos na cadea alimentaria. Tamén buscaron información da calidade da auga e as fontes de Carballo e fixemos un programa de radio para recordar o día a toda a comunidade educativa. Preme aquí para ver máis fotos

Estreamos Biblioteca móbil

Pois si, xa temos a biblioteca móbil en funcionamento. Se Mahoma non vai á montaña, a montaña ten que ter rodas....verdes!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...