Saltar ao contido principal

Publicacións

Día da muller e a ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o   “Día da   Muller e   da Ciencia . Desde o noso centro   queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número   de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer   aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo. Destacamos así,   o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra.   Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son: Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM. Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas. Promocionar o uso da tecnoloxía e ...

Entrevista a Susana Méndez

Ana, Lola, Julia e Lucía (alumnas de 2ESO, grupo bilingüe) realizaron unha entrevista radiofónica na nosa radio escolar, Rebolondas, á profesora do Departamento de Inglés, do noso centro, Susana Méndez. Susana estivo en Rebolondas connosco, para contarnos de primeira man a súa experiencia no centro educativo Glebe Collegiate sito na cidade de Ottawa (Canadá) Esta estancia forma parte do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) que permite que profesor@s galeg@s poidan integrarse no ensino en na cultura do país durante un mes. Non deixedes de escoitar a entrevista……

Día Internacional de Conmemoración en memoria das Vítimas do Holocausto

O día 27 de xaneiro é o “Día Internacional de Conmemoración en memoria das Vítimas do Holocausto” . Recordamos a liberación polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio de Auschwitz- Birkenau. Neste ano, 2020, estamos a conmemorar o “ 75 Aniversario “ desta liberación. Por este motivo, as nosas alumnas do Club de lectura ALEJANDRÍA, preséntannos a través dun programa de radio, a nosa Radio Escolar, Rebolondas , unha das lecturas realizadas, Cuando Hitler robó el conejo rosa. É esta unha novela xuvenil escrita por Judith Kerr publicada por primeira vez no ano 1971. Trátase dunha obra autobiográfica pois está baseada nos primeiros anos da vida da autora. A historia comeza coa chegada de Hitler ao poder, que cambiará radicalmente a vida dos seus protagonistas e das súas familias. Relátanse os acontecementos da expulsión e fuxida da Alemaña nazi de millóns de xudeus, que nos axudará a comprender acontecementos históricos que marcaron épocas escuras e cos que podemo...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...