Saltar ao contido principal

Publicacións

Presentación biblioteca REBOLO!

 O alumnado de 1º ESO asistiu á presentación da nosa biblioteca "Rebolo" para informarse do funcionamento da mesma, coñecer os seus servizos como usuarios/as e formarse como miniblibiotecarios/as que realizarán tarefas relacionadas coa dinamización da biblioteca. Velaí vos deixamos unha mostra da visita que realizaron.

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

 Nestes días contamos coa presenza de Tomás e Mariano (10D10) que impartiron aos nosos/as  alumnos/as un obradoiro de iniciación á Radio.  No mesmo aprenderon diferentes técnicas e ferramentas informáticas para fomentar o traballo e a creatividade  a través da nosa Radio Escolar "Rebolondas" Foron unhas xornadas moi divertidas e interesantes. Moitas grazas por participar connosco.

ENTREGA AGASALLOS AO ALUMNADO AXUDANTE

 Ao rematar este curso queremos agradecer cun pequeno agasallo ao noso alumnado axudante a súa colaboración e axuda nas diversas actividades desenvolvidas neste curso. Moitísimas grazas pola vosa participación!!! Contamos convosco para  seguir colaborando no vindeiro curso!

Premio Lola Collazo

   Novamente temos que felicitar á nosa alumna Lola Collazo Couto de 4º ESO A por ter acadado o primeiro premio (CATEGORÍA A) no XVII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis co seu relato “Atrapada polas patiñas do tempo (e das luras)”. Moitos parabéns, Lola, por outro premio literario máis! Animamos a todo o alumnado do noso centro que, como Lola, teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións. http://www.curtis.gal/index.php/es/noticias/4474-fallado-o-xvii-premio-de-narracion-curta-do-concello-de-curtis https://galego.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/06/12/entrega-premios-certame-narracion-curta-67175913.html    

Día Mundial do Medio Ambiente

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o lema é UNHA SOA TERRA. No noso centro conmemoramos esta data cunha exposición de traballos realizados polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. O alumnado elaborou carteis, que están expostos na entrada do centro e gravaron vídeos nos que explican as investigacións levadas a cabo. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO traballou ao longo do curso sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos. Desexamos con estas actividades, contribuír a formación de cidadáns máis repectuosos cos ecosistemas, para garantir que este fermoso e único planeta siga sendo un fogar confortable para a humanidade.    

Exposición Día das Letras Galegas

      Este curso está a ser un pouco de tolos con todas as actividades así que este ano decidimos conmemorar este día cunha escolma de obras dalgúns dos  homenaxeados  no día das Letras Galegas, xunto cunha exposición da vida e obra do homenaxeado este ano 2022 : Florencio Delgado Gurriarán. Esperamos que a  disfrutedes, xa que aínda a podedes atopar na entrada do noso instituto.          Deixámosvos aquí un vídeo sobre a obra e vida deste insigne autor das nosas letras:

O noso club de lectura xD

          Mais vale tarde que nunca! Non nos esquecemos do noso MARAVILLOSO CLUB DE LECTURA FÁCIL. Ben é certo que non subimos nada ao blog durante moito tempo, mais aquí temos unha foto do noso alumnado e a nosa compañeira e coordinadora do club, Mar Eirís., PT do noso insti. Viva o club Alejandría!    

POSTER DE ROSALÍA, POETA GALEGA

         Como xa sabedes o 23 de febreiro é o día adicado a nosa queridísima e marabillosa poeta Rosalía de Castro. No noso insti quixemos facerlle unha pequena homenaxe e colocamos este póster feito por  @ssissimon        É chulísimo, verdade? Así unha das nosas poetas estará todavía máis presente no noso centro acompañándonos no camiño ás nosas aulas.

Gañadores/as do concurso literario do día das Letras Galegas

Xa temos o alumnado premiado no Concurso Literario “Eu son Florencio Delgado Gurriarán” convocado con motivo do Día das Letras Galegas: CATEGORÍA A:  1º premio: NURIA MIRIAM ALIM. 3º ESO B.  2º premio: JUDITH AÑÓN CARRACEDO. 3º ESO B.    CATEGORÍA B:  1º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 4º ESO A.  2º premio: (declarado deserto).    Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Aquí tendes os relatos gañadores.    

Gañadoras/es Concurso BOOKFACE

Co gallo do “ Día Internacional do Libro”, 23 de abril de 2022, organizamos desde a “Biblioteca Rebolo “ o concurso “ Faite un bookface”. Moitas grazas a todos os participantes. Os gañadores resultaron ser: CATEGORÍA B Marisol Varela Busto.  CATEGORÍA A  1º Premio: Ílian Rodríguez Martínez  2º Premio: Brais Pensado Alberti. 3º Premio: Alicia Martínez Pérez.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...