Saltar ao contido principal

Publicacións

CONCURSO CARTAS DE AMOR

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria ( o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados. Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!    

GAÑADORES/AS CONCURSO POSTAIS DE NADAL

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2022 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega. 1º premio: HUGO COUÑAGO QUEIJEIRO. 1º ESO B. 2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 2º BACHARELATO A. 3º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B. O xurado tamén decidiu entregar 2 accésits a: LUCÍA NOGUEIRA VELO. 1º ESO B. SARAI FRANCO ROJO. 1º ESO D.   No taboleiro da entrada do instituto podedes ver as postais gañadoras e unha selección das moitas e bonitas postais presentadas no concurso deste ano. Queremos agradecer especialmente o traballo e colaboración dos profesores de Artes Plásticas, Patxi e Laura. Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! Felices festas!        

NOVA ACTIVIDADE POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES (25N)

  Nova actividade polo 25N (Día internacional pola eliminación da violencia contra a muller) Realizamos unha nova actividade na que participou todo o alumnado de 2º da ESO. O obxectivo era facer reflexionar ao alumnado sobre a maneira de entender as relacións afectivas. Coa axuda dun grupo de alumnos de 1º de Bacharelato, fixemos o visionado dunha curtametraxe sobre a “Historia de Pepa e Pepe” baseada nun guion da socióloga Carmen Ruíz Repullo co posterior debate do propio alumnado, chegando a conclusión do imprescindible que son este tipo de actividades realizadas nos centros educativos.

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS - 25 NOVEMBRO

      Co gallo do "Día Internacional para a eliminación das violencias machistas", no noso insti quixemos pór o noso graíño de area pedíndolle ao alumnado e profesorado a súa implicación. Aquí tendes o resultado da mesma. Por unha banda, velaí un fermosísimo mural, que preside a entrada do noso centro, realizado polo alumnado de 1ºESO coa colaboración da súa profesora de Educación Plática e Visual, Laura García. Por outra banda, no taboleiro da biblioteca e nos corredores e escaleiras, podemos atopar diferentes representacións gráficas sobre as violencias machistas feitas polo alumnado  do centro de distintos niveis. Non queremos rematar esta publicación, sen informarvos de que as actividades continuarán nos vindeiros días .... Estade moi atentos!!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA REBOLO

Todos os galegos apreciamos esta data moito antes de que a celebración do Halloween, na súa versión americana, chegase ata nós. E é que aquí o Samaín forma parte da tradición máis arraigada e enxebre da nosa terra. O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Chegou aos Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, debido aos numerosos emigrantes escoceses e irlandeses que marcharon a América, levando consigo a súa cultura e tradición. En gaélico, Samhain significa "fin do verán", como o celebraban os antigos celtas nesa época de transición do verán ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar todos os anos, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se di que é máis fácil viaxar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Na Biblioteca Rebolo celebramos o Samaín transformando a vosa biblioteca nun lugar que “dá medo” (só de xeito transitorio, eh!) e facendo unha escolma de libros “terroríficos”. (Ademais o alum...

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2022. EDLG.

 Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Lingua Galega e da Biblioteca convocamos por cuarto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.  Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. Podes consultar as bases na seguinte imaxe: Anímate e participa!

" Día das Bibliotecas 2022"

      Co gallo da conmemoracion do “ Día das Bibliotecas”,   o día   24 de outubro, a nosa biblioteca “ Rebolo”organizou un concurso no que tiñan que debuxar a portada do seu libro favoito.   Estes traballos expuxéronse no taboleiro do centro. Velaquí vos deixamos unha mostra deles.  

Presentación biblioteca REBOLO!

 O alumnado de 1º ESO asistiu á presentación da nosa biblioteca "Rebolo" para informarse do funcionamento da mesma, coñecer os seus servizos como usuarios/as e formarse como miniblibiotecarios/as que realizarán tarefas relacionadas coa dinamización da biblioteca. Velaí vos deixamos unha mostra da visita que realizaron.

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

 Nestes días contamos coa presenza de Tomás e Mariano (10D10) que impartiron aos nosos/as  alumnos/as un obradoiro de iniciación á Radio.  No mesmo aprenderon diferentes técnicas e ferramentas informáticas para fomentar o traballo e a creatividade  a través da nosa Radio Escolar "Rebolondas" Foron unhas xornadas moi divertidas e interesantes. Moitas grazas por participar connosco.

ENTREGA AGASALLOS AO ALUMNADO AXUDANTE

 Ao rematar este curso queremos agradecer cun pequeno agasallo ao noso alumnado axudante a súa colaboración e axuda nas diversas actividades desenvolvidas neste curso. Moitísimas grazas pola vosa participación!!! Contamos convosco para  seguir colaborando no vindeiro curso!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...