Saltar ao contido principal

Publicacións

NOVO RECUNCHO DE LECER NA VOSA BIBLIOTECA FAVORITA!!!!!

  Antes destas vacacións puidemos estrear un recunchiño moi especial na nosa animada biblioteca. Cambiamos radicalmente o "recuncho de lecer" porque o outra quedara pequerrecho e gastadiño. Agora tedes un sitio súper xenial para seguir disfrutando da vosa querida biblioteca. Vinde reboleiros! A que esperades!?

OBRADOIRO 8 M : "NOVAS MASCULINIDADES"

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade .  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Dende o CIM do Concello de Carballo foi desenvolvido un obradoiro denominado “Novas masculinidades” para o   alumnado de 1º de Ciclo Superior de   Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)

Fai un bookface e gaña un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!  Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación. Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil. Datos : nome e apelidos Entrega e data límite : As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro. HABERÁ UN PREMIAZO!!!!! CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos. CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do ...

CONCURSO DE LAPBOOKS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!      

Premios Concurso cantigas de Entroido

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: VALERIA RODRÍGUEZ VIÑA . 2 º ESO D . 2º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO . 2 º ESO C . 3 º premio: INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ . 1 º ESO A . CATEGORÍA B: 1º premio: JUDITH AÑÓN CARRACEDO . 4º ESO C . 2º premio: BERKET LÓPEZ DIAZ . 4º ESO D . 3 º premio : ANGÉLICA J. VARELA PARDO . 4 º ESO B . Parabéns ao s gañador e s e graciñas a todo o alumnado que participou! (Tedes acceso ás cantigas gañadoras, facendo clic aquí ).  

O Parga Pondal celebra o día do AMOR

A nosa biblioteca Rebolo non deixa pasar nunca a celebración por todo o alto do AMOR. Así que aproveitamos o 14 de febreiro para dar visibilidade a todas as formas deste noble sentimento.  Querédevos moito! Deixámosvos unha pequenísima escolma do noso traballo! E agora para que disfrutedes plenamente do AMOR os deixamos unha das cancións máis chulas sobre o tema da man do grupo máis importante da música pop de todos os tempos: os marabillosos e añoradisísimos THE BEATLES!

PREMIOS CONCURSO CARTAS DE AMOR

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: MARTA VIEITES LORENZO . 2 º ESO C . 2º premio: ÁLEX LORENZO BLANC O. 2 º ESO C . 3 º premio : INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ . 1 º ESO A. CATEGORÍA B: 1º premio: PAULA VARELA POSE . 4º ESO B . 2º premio: LUCÍA LAMAS AMARELLE . 4º ESO D . 3 º premio : REBECA VILAS VERD ÍA. 4º ESO C . Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Aquí tendes as cartas premiadas.     

Charla e exposición da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

  O pasado día 3 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza de Carmen García Rodeja, membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Compartimos unha charla co alumnado de Bacharelato sobre a investigaciòn da Foxa de Bèrtoa. Grazas pola colaboración das nosas alumnas de 1 bacharelato e mil grazas a Carmen, na semana da Conmemoración do día da paz e da no violencia, asi como o das Vítimas do Holocausto.

VÉN AO NOSO NOVO ESPAZO!!!!! A PENEIRA, E COLLE O QUE QUEIRAS!!!!!!!!!

 

CHARLA SOBRE OS PROCESOS MIGRATORIOS COA ONG ECOS DO SUR: 30 XANEIRO

  A educación en, e para a paz, a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son  argumentos  para conmemorar o 30 de xaneiro. Neste día, no noso centro, contamos coa presencia de Djibril Faye: Mediador senegalés e Said Hamdad: mediador arxelino, colaboradores da ONG “Ecos do Sur”. Tivemos o pracer de contar con eles para ser partícipes da súa experiencia persoal na realidade  dos procesos migratorios existentes no noso mundo actual. O alumnado de 3ºESO foi partícipe desta experiencia tan enriquecedora que nos axuda a pór en relevo os valores necesarios nunha educación inclusiva


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...