Saltar ao contido principal

Publicacións

 Co gallo do " Día mundial da auga" celebrado o día 22 de marzo, a Biblioteca Rebolo da man da nosa compañeira de equipo, Esther Bértoa, e o seu alumnado de 1º ESO, realizaron unha " chuliísima " exposición para concienciarnos da importancia deste ben tan escaso. Velaquí unha pequena escolma do seu estupendo traballo.
 Mirade, reboleiros, por fin publicamos xa fotos do noso queridísimo club de lectura. desculpade a tardanza pero estamos " a mil " porque nos encanta. Aí van...

NOVO RECUNCHO DE LECER NA VOSA BIBLIOTECA FAVORITA!!!!!

  Antes destas vacacións puidemos estrear un recunchiño moi especial na nosa animada biblioteca. Cambiamos radicalmente o "recuncho de lecer" porque o outra quedara pequerrecho e gastadiño. Agora tedes un sitio súper xenial para seguir disfrutando da vosa querida biblioteca. Vinde reboleiros! A que esperades!?

OBRADOIRO 8 M : "NOVAS MASCULINIDADES"

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade .  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Dende o CIM do Concello de Carballo foi desenvolvido un obradoiro denominado “Novas masculinidades” para o   alumnado de 1º de Ciclo Superior de   Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)

Fai un bookface e gaña un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!  Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación. Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil. Datos : nome e apelidos Entrega e data límite : As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro. HABERÁ UN PREMIAZO!!!!! CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos. CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do ...

CONCURSO DE LAPBOOKS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!      

Premios Concurso cantigas de Entroido

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: VALERIA RODRÍGUEZ VIÑA . 2 º ESO D . 2º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO . 2 º ESO C . 3 º premio: INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ . 1 º ESO A . CATEGORÍA B: 1º premio: JUDITH AÑÓN CARRACEDO . 4º ESO C . 2º premio: BERKET LÓPEZ DIAZ . 4º ESO D . 3 º premio : ANGÉLICA J. VARELA PARDO . 4 º ESO B . Parabéns ao s gañador e s e graciñas a todo o alumnado que participou! (Tedes acceso ás cantigas gañadoras, facendo clic aquí ).  

O Parga Pondal celebra o día do AMOR

A nosa biblioteca Rebolo non deixa pasar nunca a celebración por todo o alto do AMOR. Así que aproveitamos o 14 de febreiro para dar visibilidade a todas as formas deste noble sentimento.  Querédevos moito! Deixámosvos unha pequenísima escolma do noso traballo! E agora para que disfrutedes plenamente do AMOR os deixamos unha das cancións máis chulas sobre o tema da man do grupo máis importante da música pop de todos os tempos: os marabillosos e añoradisísimos THE BEATLES!

PREMIOS CONCURSO CARTAS DE AMOR

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: MARTA VIEITES LORENZO . 2 º ESO C . 2º premio: ÁLEX LORENZO BLANC O. 2 º ESO C . 3 º premio : INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ . 1 º ESO A. CATEGORÍA B: 1º premio: PAULA VARELA POSE . 4º ESO B . 2º premio: LUCÍA LAMAS AMARELLE . 4º ESO D . 3 º premio : REBECA VILAS VERD ÍA. 4º ESO C . Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Aquí tendes as cartas premiadas.     

Charla e exposición da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

  O pasado día 3 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza de Carmen García Rodeja, membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Compartimos unha charla co alumnado de Bacharelato sobre a investigaciòn da Foxa de Bèrtoa. Grazas pola colaboración das nosas alumnas de 1 bacharelato e mil grazas a Carmen, na semana da Conmemoración do día da paz e da no violencia, asi como o das Vítimas do Holocausto.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...