Saltar ao contido principal

Publicacións

PREMIADOS CONCURSO LITERARIO

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso Literario “Eu son Francisco Fernández del Riego” convocado con motivo do Día das Letras Galegas:  CATEGORÍA A: 1º premio: CANDELA GERPE BARBEIRA. 2º ESO D. 2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C. 3º premio: VALERIA DOMÍNGUEZ COSTA. 2º ESO D. CATEGORÍA B: 1º premio:  PAULA VARELA MATA. 4º ESO A. 2º premio: LOLA COLLAZO COUTO. 1º BACHARELATO B. 3º premio: NURIA MIRIAM ALIM. 4º ESO A Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou! Aquí tendes os relatos gañadores.

PREMIADOS CONCURSO LAPBBOKS

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro:  CATEGORÍA A: 1º premio: LUCÍA VILARES SOUTO. 2º ESO A. 2º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 2º ESO C 3º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO. 2º ESO C CATEGORÍA B: 1º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 4º ESO B. 2º premio: LUCÍA VIEITES LORENZO. 4º ESO B. 3º premio: ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 4º ESO B Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou! 

CONCURSO LITERARIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias. Animádevos a participar!   
 Co gallo do " Día mundial da auga" celebrado o día 22 de marzo, a Biblioteca Rebolo da man da nosa compañeira de equipo, Esther Bértoa, e o seu alumnado de 1º ESO, realizaron unha " chuliísima " exposición para concienciarnos da importancia deste ben tan escaso. Velaquí unha pequena escolma do seu estupendo traballo.
 Mirade, reboleiros, por fin publicamos xa fotos do noso queridísimo club de lectura. desculpade a tardanza pero estamos " a mil " porque nos encanta. Aí van...

NOVO RECUNCHO DE LECER NA VOSA BIBLIOTECA FAVORITA!!!!!

  Antes destas vacacións puidemos estrear un recunchiño moi especial na nosa animada biblioteca. Cambiamos radicalmente o "recuncho de lecer" porque o outra quedara pequerrecho e gastadiño. Agora tedes un sitio súper xenial para seguir disfrutando da vosa querida biblioteca. Vinde reboleiros! A que esperades!?

OBRADOIRO 8 M : "NOVAS MASCULINIDADES"

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade .  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Dende o CIM do Concello de Carballo foi desenvolvido un obradoiro denominado “Novas masculinidades” para o   alumnado de 1º de Ciclo Superior de   Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)

Fai un bookface e gaña un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!  Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación. Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil. Datos : nome e apelidos Entrega e data límite : As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro. HABERÁ UN PREMIAZO!!!!! CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos. CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do ...

CONCURSO DE LAPBOOKS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!      

Premios Concurso cantigas de Entroido

  Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: VALERIA RODRÍGUEZ VIÑA . 2 º ESO D . 2º premio: JAVIER RODRÍGUEZ TAIBO . 2 º ESO C . 3 º premio: INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ . 1 º ESO A . CATEGORÍA B: 1º premio: JUDITH AÑÓN CARRACEDO . 4º ESO C . 2º premio: BERKET LÓPEZ DIAZ . 4º ESO D . 3 º premio : ANGÉLICA J. VARELA PARDO . 4 º ESO B . Parabéns ao s gañador e s e graciñas a todo o alumnado que participou! (Tedes acceso ás cantigas gañadoras, facendo clic aquí ).  


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...