Saltar ao contido principal

Publicacións

Os libros recomendados polo noso alumando a través de LAPBOOKS

Publicacións recentes

Demostramos o noso talento na I Liga Escolar de Regueifa

O 5 de maio celebrouse no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) a I Liga Escolar de Regueifa. Tras o Obradoiro de Regueifas que tivo lugar no noso centro en novembro co noso alumando de 2º da ESO, dúas das nosas alumnas quixeron participar neste encontro. Acompañadas polo profesor Xurxo Souto, representaron ao noso centro nunha actividade lúdica na que practicaron a improvisación, xogos de desafío e mesmo un mini-obradoiro de baile tradicional.  Esperamos repetir!! https://www.youtube.com/watch?v=SjcBMq97ZhM https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2025/05/06/span-langgl-liga-da-regueifa-chega-aos-institutos-da-costa-da-mortespan/0003_202505C6C6992.htm

Aprendemos un pouquiño da linguaxe de signos, e agora...

 Despois de aprender, da man de Ana Herranz Rodríguez, un pouquiiiiño de linguaxe de signos, estamos preparándonos para engadirllo á canción Fronteiras de Guadi Galego. En breve deixarémosvos o resultado final!!!

Investigamos e divulgamos: mulleres científicas

 Desde a biblioteca Rebolo agrademos sempre as iniciativas dos diferentes departamentos para fomentar a busca de información desde este espazo, por iso nos alegra calquera proposta na que poidamos axudar a usar o noso catálogo e as diferentes ferramentas que temos a disposición de alumnado e profesorado. Neste caso contamos coa proposta do Departamento de Bioloxía e o de Física e Química que baixou o seu alumnado de 4º ESO e 2º ESO respectivamente para traballar cos volumes que dispoñemos para estas materias, así como cos ordenadores que puxemos á súa disposición para buscar información sobre mulleres científicas. Cremos que fomentar a formación informacional é tarefa de todos e todas, por iso desde o equipo de biblioteca estamos sempre dispostos/as a botar unha man se así nolo solicitan! Aquí vos deixamos mostra dos resultados!

Un ano máis recibimos o libro da nosa ou do noso amigo invisible. Estamos ansiosos/as!!!!!

 O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. Con motivo desta celebración, e aproveitando o gusto pola lectura e o fomento da mesma entre o noso equipo docente e PAS, decidimos desde a Biblioteca Rebolo e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizar un/ha amigo/a invisible e agasallármonos cun libro!  Aquí vos deixamos unha mostra da ilusión coa que os recibimos! 

Falemos+Galego

  O noso instituto, xunto con outros centros educativos de secundaria, bacharelato e FP da  Costa da Morte,   vai participar nunha   campaña  conxunta a prol do noso idioma:    Falemos + galego . A base de todo: o  orgullo  de ser da Costa da Morte, galegofalante. Como fins, remover conciencias e xerar estímulos para o maior emprego desta lingua. Consta a campaña de dúas fases: Na  primeira  haberá  dous concursos  (individual ou en equipo) no noso centro que teñen como premio  50 euros  cada un: Creación dun lema e un logo  a prol de usar o galego, que poida usarse en diferentes soportes materiais: cabeceiras de documentos, camisetas, cuncas... Elaboración dun vídeo, de duración non superior a 60 segundos.   Na  segunda , os gañadores representarán ao noso instituto no concurso intercentros que terá como premio  150 euros  para cada categoría. A entrega destes premios intercentros f...

8 M - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: desde as que deixaron unha pegada na historia a todas as que nos rodean...

Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, o noso alumnado de 2º da ESO realizou dous traballos que non só axudaron a homenaxear todas estas mulleres neste día especial, senón tamén a fomentar a busca de información de calidade e o espírito crítico dos nosos alumnos e alumnas, a lectura comprensiva e a expresión escrita. Unha das tarefas consistiu na busca de información sobre alquelas científicas que deixaron unha pegada na historia, dirixido desde o departamento de Física e Química.   Por outra banda, non quixemos esquecer que aínda que non estean recoñecidas oficialmente ou institucionalmente, son moitas as mulleres que temos ao carón, ás  que admiramos por diferenes razóns. A estas, o noso alumnado, dirixido desde o departamento de Lingua Galega e Literatura, rendeoulles homenaxe!     Moitas grazas ao departamento de Física e Química e Lingua Galega polo seu traballo!!      

Concurso literario: exercitamos a imaxinación e mostramos a nosa capacidade de escribir en lingua galega

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas. Neste concurso literario o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias. Animádevos a participar! Consultar biografía aquí:  https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras/presentacion

Seguimos buscando xente creativa en lingua galega: Concurso cantigas de Entroido

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por quinto ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido. Gústanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Estes e estas foron as gañadoras: Podedes consultar os textos das cantigas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node?page=3

Poñemos en valor as nosas deportistas

 No noso centro hai moito alumnado que practica diferentes deportes: voleibol, ximnasia artísitca, socorrismo, fútbol... Por segundo ano consecutivo desde a biblioteca e en colaboración co departamento de Educación Física queremos poñer en valor sobre todo as nosas alumnas deportistas. Guiadas pola Profesora Cristina de Educación Física e integrante do equipo de biblioteca, as nosas alumnas fixeron unha presentación ao alumnado de 1º ESO do deporte que practican e tamén nos falaron das dificultades que atopan, das diferenzas entre ese deporte no ámbito masculino e no feminino, etc. O alumnado puido desfrutar dunhas xornadas informativas e tamén preguntar todas as cuestións que lle foron xurdindo, así como coñecer deportes que non lles eran familiares e compañeiras moi talentosas.  Moitas grazas a todas e esperamos que teñen moito éxito!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...