Saltar ao contido principal

Falemos+Galego

 O noso instituto, xunto con outros centros educativos de secundaria, bacharelato e FP da Costa da Morte,  vai participar nunha campaña conxunta a prol do noso idioma:  Falemos + galego. A base de todo: o orgullo de ser da Costa da Morte, galegofalante. Como fins, remover conciencias e xerar estímulos para o maior emprego desta lingua.

Consta a campaña de dúas fases:

Na primeira haberá dous concursos (individual ou en equipo) no noso centro que teñen como premio 50 euros cada un:

  • Creación dun lema e un logo a prol de usar o galego, que poida usarse en diferentes soportes materiais: cabeceiras de documentos, camisetas, cuncas...
  • Elaboración dun vídeo, de duración non superior a 60 segundos.

 

Na segunda, os gañadores representarán ao noso instituto no concurso intercentros que terá como premio 150 euros para cada categoría. A entrega destes premios intercentros farase nunha gala que se celebrará o 19 de xuño en Muxía.

 

Podedes ver os gañadores e imaxes da gala final do ano pasado nas seguintes ligazóns:

Premios entregados na gala final 2024.  

Como transcorreu a gala.

 

 

Anímate e participa!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...