Saltar ao contido principal

24 de outubro, Día da biblioteca

Coma todos os anos, o día 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca.

E como as bibliotecas escolares non somos menos, nós tamén o celebramos con diversas actividades!

Este ano imos facer un agasallo a todas e todos os que vos acheguedes pola biblioteca; pero non esquezades que todo o material é efémero e que os regalos non van saír a buscarvos!



Na entrada do centro poderedes ver as recomendacións de compañeiras e compañeiros, que puxeron a súa man artística ao servizo do noso Lugar de encontro.

E poderedes contemplar interesantes imaxes de bibliotecas do mundo, algunhas grandiosas edificacións e outras enormes polo seu significado.

Feliz día da biblioteca!!!


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...