Comezamos coa “Hora de ler”!!!!! Con toda a nosa ilusión, comezamos unha nova andaina co noso alumnado. Para nós é o inicio dunha aposta clara pola lectura xa que non contabamos con estes momentos destinados ao goce individual e persoal dentro da aula, mais sabemos que o noso alumnado xa vén de vivir esta experiencia, polo que nós queremos que continúen con ela e tamén participar con eles deste pracer. Moitos e moitas xa traen os seus propios libros. Porén, para aqueles que non teñan, lle esquecera ou simplemente queiran explorar novas experiencias e descubrir novos mundos, o equipo de biblioteca preparou uns carriños con caixas e diferentes propostas que pode utilizar tanto alumnado coma profesorado. Esta andaina vai comezar co noso alumnado de 1º ESO, mais iremos incorporando progresivamente o resto de grupos. A lectura sempre é unha inversión de futuro e un goce persoal. Esperamos que todas e todas a desfrutemos!!!!! ...

