Saltar ao contido principal

O club de lectura do Módulo 3-4 de adultos non para

No primeiro cuadrimestre no club de lectura do Módulo 3-4 de adultos limos:

A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.
Imos ver o que opinan os vosos compañeiros da ESA!!!!!!
” É moi entretido e parece unha historia real, ademáis mantén a tensión o longo da historia” (Emma, Tania, Gloria)
“A min o que máis me gustou do libro é a parte final porque a curiosidade por saber quen era o asasino dábame moita intriga. e tamén me gusta a historia entre sofía e aquiles porque non se sabe se vai a haber algo entre eles ou non” (Martina) 




”Está xenial que o asasino se inspire en poemas de rosalía de castro para cometer os seus horribles crimes!!” “Aínda que por outra banda, o que menos me gustou foi que se explicaran tanto os crimes porque daba un pouco de grima” “Si, os asasinatos son moi explícitos” “non o recomendaría para persoas aprensivas” (Emma, Alexya, Nerea)

MOI INTERESANTE, PASA NO NOSA ZONA E E UNHA LITERATURA SINXELA
”O que máis me gustou foi a imperfección do periodista aquiles e o que menos o final porque é moi aberto e non di o que pasa entre aquiles e a moza. Recomendaríao sen dúbida porque é un libro entretido e que che fai estar pegado a el. Ademáis está ambientado moi preto de onde vivo, coñecemos moitos dos lugares que aparecen e iso mola moito” (Rubén) 

“Novela entretida e interesante, recoméndoa!! (Tere)
“É un libro entretido, pero sóbranlle algunhas páxinas” (Miguel)
“Gustoume pola forma na que morrían as persoas, non é unha forma común e fai que sexa distinta a outras novelas!!! ¡ (Lidia)
Pois tomamos nota.

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...