O alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato do
noso centro participou na actividade programada polo FIOT (Festival
Internacional de Outono de Carballo) coas seguintes obras :
- 1º ESO
- Título da obra: Saltimbanqui
- Grupo: Xa era hora!
- Integrantes: Xulia, Fran, Kiara, Miguel Alejandro e Mario
- 2º Bacharelato
- Título da obra: Un berro na escuridade.
- Grupo: Espartanas
- Integrantes: Juan, Andrea, Aida, Uxía, Saray, Irene e Elena.
A actividade foi
organizada polo EDLG e o Departamento de Lingua galega. Todos eles fixérono xenial. Tiveron a
oportunidade de visitar as instalación de Radio Voz onde se realizaron as
gravacións que escoitaremos o día 10 de
decembro. Contamos coa axuda inestimable da nosa compañeira Leticia Riestra, profesora de Informática.
PARABÉNS e moita SORTE!!!!!!!!!!!! Agora só falta o veredicto do
xurado. Moitas grazas pola vosa
colaboración!!!!!!!!
A continuación, podedes ver algunhas fotos do
alumnado durante a súa intervención. Os de 1º ESO ata tiveron o pracer de
despedir o programa xunto co locutor da radio!!.
![]() |
1º ESO despedindo o programa |
![]() |
1º ESO antes da súa intervención |
![]() |
2º Bacharelato antes da súa intervención |
E por último, podedes ver un vídeo coa
gravación do alumnado de 2º bacharelato nas instalacións de RadioVoz durante a
súa representación.
Comentarios
Publicar un comentario