Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 1)


O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

Hoxe comeza maio, un mes coma os demais pero diferente de calquera outro mes de maio. Un mes que nos abraia cun paisaxe maxestoso, mes no que naceron dous dos meus mellores amigos. Ademais, cun gran significado para os estudantes de segundo de Bacharelato, xa que...
Ler máis

Onte aparecía en diversos medios de comunicación como moitas familias de España adiante saltaban as regras de prevención perante a COVID-19 cando levaban os seus fillos de paseo. A moita xente pareceulle unha nova sorprendente, mais a min non. É o que leva pasando desde...
Ler máis

Todo comezou en Decembro, empezouse a escoitar sobre unha enfermidade que contaxiaba moi rápido en China, e non sabían que facer. Empezaron a pasar uns días e cerraron Wuhán, onde naceu este brote. Ao principio todos pensabamos que era un disparate cerrar unha cidadde...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...