Saltar ao contido principal

Vivencias durante o confinamento (Parte 2)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados.

A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade. 
Moito ánimo.

A selección de hoxe:

O meu nome é Adela e son unha rapaza que está a cursar segundo de bacharelato. Estou escribindo esto durante unha pandemia mundial, debido a aparición dun novo virus chegado do continente asiático. Este é o meu mecanismo de desafogo e liberación e desafogo que...
Ler máis

Situámonos en Galicia, 24 de marzo de 2020, xa iniciado o confinamento. Aínda estaba no primeiro día, pero para Manuel pasaran como dous meses. Estaba aburrido, agotado de facer sempre o mesmo, e ata se cansara de xogar os videoxogos...
Ler máis

Unha simple gripe. Non hai de que preocuparse. Dicían. En España non terá apenas impacto. Dixeron despois. Quince días máis. Escoitamos agora. Cada quince días escoitamos unha nova prolongación. Quince días máis sen ver ós nosos, ós que máis queremos. Quince días...
Ler máis

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...